Os galegos van afinando os sus obxectivos na 1ª RFEF
Os galegos van afinando os sus obxectivos na 1ª RFEF
O Arenteiro recibe esta tarde o Unionistas (16:00 h)
O Celta Fortuna volve xogar en Barreiro diante do Sabadell (16:00 h G2 e G24)
O Lugo recibe mañá ao Real Unión no Anxo Carro (12:00 h)
E mañá pola ao serán o Deportivo volve a Riazor contra o Nástic (19:00 h G2 e G24)
O Arenteiro é dos primeiros galegos en xogar esta fin de semana en Primeira Federación. Recibe a Unionistas no Espiñedo nun encontro en que os de Javi Rey, que recupera efectivos para a cita, aspiran a mellorar a súa posición na táboa. A derrota ante a Cultural pola mínima mantenos en postos de descenso.
Ben distinta é a posición do Celta Fortuna, segundo na táboa a un punto do líder. O flilial celeste recibe o Sabadell, un histórico arestora en apuros. Poderán seguir o encontro na G2.
No Anxo Carro mediranse xa o domingo o Lugo e o Real Unión, cuarto clasificado. Os de Munitis, sétimos na táboa, queren prolongar o seu bo momento tras sumar a semana pasada a cuarta vitoria da temporada, a terceira consecutiva.
As cámaras da Galega estarán o domingo en Riazor, no Deportivo-Nástic. Os de Idiákez reciben o líder tras gañar a xornada anterior e escapar dos postos de descenso. O Deportivo buscará a primeira vitoria na casa ante o equipo máis forte do grupo.