Pechan o acceso ao Fuciño do Porco tras ceder o terreo dunha pasarela
Pechan o acceso ao Fuciño do Porco tras ceder o terreo dunha pasarela
Adoptouse esta medida, que xa advirte da situación desde o aparcadoiro, para evitar riscos
O temporal dos últimos días pode estar detrás deste derrubamento
Unha cinta ao principio do camiño impide acceder ao Fuciño do Porco porque un pouco máis adiante cedeu o terreo dunha pasarela de grava e area. Aquí comeza o paseo de escaleiras e camiños deste lugar, que visto desde o mar lembra a faciana do cocho. A chuvia dos últimos días, xunto co vento forte, están detrás desta situación.
O acceso está cortado xa desde o aparcadoiro. A pesar diso, continúan achegándose visitantes ata o lugar.
Xa o inverno pasado houbo que cortar o sendeiro do Fuciño do Porco, daquela por desprendementos que facían inseguro achegarse á punta.
Sobre o lugar está previsto un novo proxecto que levará a cabo a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, e que suporá unha mellora respecto ao actual acceso, porque levará apoios sobre terreo firme.