Cargando resultados...
Putin presentarase á reelección como presidente ruso
Putin presentarase á reelección como presidente ruso
De gañar, cumpriría 30 anos á fronte do Goberno ruso
As enquisas danlle un nivel de apoio popular superior ao 70 %
G24.gal
08/12/2023 21:39
Vladimir Putin aspirará a un novo mandato como presidente de Rusia. O anuncio non o fixo o mandatario, senón un dos líderes separatistas ucraínos cos que se reuniu este venres.
Os comicios están previstos para marzo do ano vindeiro. De ser reelixido, Putin, de 71 anos, completaría 3 décadas á fronte do Goberno ruso. As últimas sondaxes concédenlle máis dun 70 % de apoio popular.