Sanxenxo pode albergar un modelo residencial para maiores pioneiro en Galicia

G24.gal 04/12/2023 13:37

Un novo modelo residencial pensado para persoas que queren manter a súa independencia, pero tamén asegurar os servizos máis básicos que precisen co paso dos anos, podería implantarse por primeira vez en Galicia. O obxectivo é resolver as necesidades da terceira idade a través da vivenda. A idea é ser propietarios independentes das vivendas, pero xestionar xuntos os espazos comúns e servizos relacionados co lecer ou a saúde a través dunha fórmula cooperativa. O concello de Sanxenxo é o elixido para facelo realidade polo seu clima, a súa localización e os servizos que ofrece ao longo de todo o ano.

Máis dun milleiro de persoas xa se interesaron por este proxecto que conta con licenza de construción e podería ser realidade en canto se consolide a demanda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade