Tensión entre A China e os EUA: Biden chama "ditador" a Xi
Tensión entre A China e os EUA: Biden chama "ditador" a Xi
Non é a primeira vez que Joe Biden pronuncia esta acusación
A China mostrou o seu malestar logo de que Joe Biden, cando lle preguntou unha periodista se consideraba que Xi era un ditador, respondera: "Ben, mira, éo".
Unha declaración que chega nunha conferencia de prensa celebrada tras reunirse ambos presidentes na mansión Filoli, en San Francisco. A reunión durou catro horas, e era a primeira nun ano.
"Esta afirmación é errónea e constitúe un acto político irresponsable. A China oponse firmemente a ela", dixo hoxe a portavoz de Exteriores, Mao Ning, nunha conferencia de prensa.
Non é a primeira vez que o presidente da China, Xi, recibe tal acusación por parte de Biden. Nunha recadación de fondos para a súa campaña de reelección de 2024, en xullo, Biden chamáballe ditador por primeira vez, o que tamén provocou un gran malestar en territorio asiático.
Na véspera da reunión, concretamente noutro evento de recadación de fondos en San Francisco, o presidente estadounidense afirmou que a China ten "problemas reais", sen especificar cales.
Os dous líderes veranse novamente esta semana, dentro do segmento de alto nivel da cumio do Foro de Cooperación Asia Pacífico (APEC).