Tere Abelleira: "Xogar en Pasarón será incrible e inesquecible"

Longas ringleiras na sede da Federación Galega para mercar algunha das 1.200 entradas postas á venda esta tarde

Foto EFE
G24.gal 30/11/2023 17:16 Última actualización 30/11/2023 17:25

Tere Abelleira explicou o que supón para ela xogar na súa terra e ter a posibilidade de clasificarse para a seguinte fase da UEFA Women's Nations League.

"Estou moi contenta e feliz, con moitas ganas do partido de mañá. Estamos motivadas porque podemos conseguir un grande obxectivo".

Recoñece que cando empezou a xogar ao fútbol non imaxinaba que regresaría á casa como campioa do mundo.

"Os soños, que ás veces parecen moi afastados, con moita constancia e traballo acábanse cumprindo".

"Nunca xoguei (en Pasarón), non hai equipo feminino. Ter a oportunidade de facelo coa selección campioa.. será incrible e inesquecible".

Finalmente destacou a especial ilusión que lle fará ver a todos os seus animando desde a bancada.

"Será bonito mirar mañá á bancada e ver tanta xente coñecida".

España xogará ante Italia en Pasarón ás 21:30 horas

Houbo longas ringleiras na sede da Federación Galega para mercar algunha das 1.200 entradas postas á venda esta tarde para ver mañá o España-Italia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos