89.000 mulleres e nenas de todo o mundo foron asasinadas en 2022

A crifra máis alta en dúas decádas

Cartel do 25N Cartel do 25N
G24.gal 24/11/2023 14:00 Última actualización 23/11/2023 17:28

En véspera do 25N contabilízanse case 89.000 mulleres e nenas asasinadas en 2022. Esta é a cifra máis alta dos últimos vinte anos. Mortes que na súa maioría se deberon a motivos de xénero,  segundo denuncia o estudo 'Asasinatos de mulleres e nenas por razóns de xénero (femicidio/feminicidio)' feito polas Nacións Unidas.

Os datos indican que, de media, mais de 133 mulleres e nenas foron asasinadas cada día no seu propio fogar, pois a metade dos crimes, uns 48.800, foron cometidos por membros da familia ou parellas. Unha cifra que contrasta con que só o 12 % dos homicidios con vítimas masculinas son perpetrados dentro do forgar.

"A verdadeira magnitude do feminicidio pode ser moito maior, porque a información sobre as motivacións relacionadas co xénero é insuficiente en aproximadamente catro e cada dez homicidios de mulleres", sinala o estudo.

A ONU pide que os Estados melloren a súa forma de rexistrar este tipo de crimes, pois debido á escaseza de datos as cifras poderían ser só a punta do iceberg.

O total mundial de homicidios baixa, pero o número de mulleres e nenas asasinadas aumenta

A pesar dunhas estimacións lastradas pola pouca dispoñibilidade de datos, as cifras son alarmantes. África rexistrou un total de 20.000 vítimas (2,8 vítimas por cada 100.000 mulleres), sendo o continente con datos máis altos, superando así a Asia. En América do Norte aumentaron un 29 % entre 2017 e 2022, debido a mellores prácticas de rexistro.

No continente europeo observouse unha redución promedio do 21 % de casos de feminicidios dende o 2010, mentres que en América Central descenderon nun 10 % e en América do Sur un 8 %.

Así constitúese un "duro recordatorio" da realidade que vivimos, "marcada por desigualdades profundamente arraigadas e a violencia contra as mulleres e nenas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade