A Casa Real habilita unha canle para contactar coa princesa Leonor
A Casa Real habilita unha canle para contactar coa princesa Leonor
A súa popularidade non deixa de crecer e a Casa Real abriu unha canle para poder enviarlle mensaxes
A iniciativa comezou hai uns días e xa se produciu unha avalancha de comunicacións
Nos últimos meses intensificouse a axenda da herdeira ao trono. A xura de bandeira aos dous meses de comezar a carreira militar ou a súa participación destacada nos Premios Princesa de Asturias son algúns dos actos que incrementaron a súa presenza nos medios de comunicación.
O xuramento da Constitución no día que cumpriu a maioría de idade, o pasado 31 de outubro, levouna a ocupar as portadas das principais publicacións europeas, e a súa popularidade aumentou de xeito exponencial. Consciente diso a Casa Real acaba de habilitar un libro de visitas virtual que permite aos cidadáns enviarlle mensaxes á princesa Leonor.
A iniciativa arrancou hai poucos días, pero debido ao volume de comunicacións, desde a web precisan que non todas as mensaxes van poder ser respondidas de forma personalizada, xa que a princesa Leonor non tería tempo dispoñible.
Deste xeito a Casa Real pretende achegar a futura raíña aos cidadáns de xeito fácil para os usuarios e seguro para a princesa Leonor.