A Xunta pon autobuses cada dez minutos para as oposicións de enfermería en Silleda
A Xunta pon autobuses cada dez minutos para as oposicións de enfermería en Silleda
Haberá estacionamento no polígono industrial e lanzadeiras con autobuses cada dez minutos
16.000 persoas acudirán ao proceso selectivo para as oposicións de Sanidade
As malas previsións meteorolóxicas obrigaron a Xunta de Galicia a activar para esta fin de semana un dispositivo de mobilidade para garantir o acceso ás oposicións de Sanidade, que se celebrarán en Silleda.
O Goberno galego advirte que o temporal poderá dificultar o estacionamento na contorna do recinto feiral, onde serán as probas ao longo do sábado e domingo. Ante esta situación, a Xunta decidiu habilitar un estacionamento no polígono industrial de Silleda, que contará con lanzadeiras con buses gratuítos cada dez minutos.
O propio día do exame haberá servizo de autobuses dende as doce da mañá e, para o traxecto de volta, a liña funcionará dende as cinco e media da tarde ata a finalización dos exames.
Máis de 16.000 persoas acudirán esta fin de semana ao proceso selectivo para o ingreso nas categorías de persoal de servizos xerais nos centros de saúde e PAC, así como para técnicos en coidados auxiliares de enfermería. Ofértanse un total de 196 prazas para primeira categoría e 789 para a segunda.