A Xunta urxe o goberno a modernizar as conexións ferroviarias antes de abordar novos traspasos
A Xunta urxe o goberno a modernizar as conexións ferroviarias antes de abordar novos traspasos
Ethel Vázquez considera prioritario modernizar as conexións ferroviarias Ferrol-A Coruña, Vigo-Ourense e Ferrol-Ribadeo
A conselleira de Infraestruturas pídelle ao novo ministro que remate cos "problemas continuos" na media distancia do Eixo Atlántico
"A Galicia gustaríalle que antes de falar do traspaso dos servizos ferroviarios de proximidade o novo ministro aclarase como se vai acometer e materializar a transformación de modernización de liñas obsoletas, Ferrol-A Coruña, Vigo-Ourense e Ribadeo-Ferrol (...). Cremos que é algo que temos que abordar antes, é urxente que o ministro explique cando vai resolver as incidencias constantes que estamos a ver nos servizos ferroviarios de media distancia como o Eixo Atlántico".
Son as prioridades que establece Ethel Vázquez, a conselleira de Infraestruturas, no sistema ferroviario galego, ante a disposición do Goberno central de abrir o traspaso dos trens de proximidade ás comunidades autónomas. Di que descoñece os plans do novo ministro e que unha medida de tanto calado debe abordarse dende o diálogo e o consenso con todos.
"Descoñezo totalmente ese acordo das transferencias das competencias a Cataluña. Se se basea na lei de mobilidade do goberno, estamos en contra, porque implica o desmantelamento do sistema ferroviario, fundamentalmente do rural".
A conselleira, envioulle unha carta ao ministro Óscar Puente coas súas demandas.