Abre a primeira tenda especializada en turrón en Vigo

Hai sabores máis tradicionais e tamén outros sorprendentes

G24.gal 08/11/2023 20:25 Última actualización 08/11/2023 20:33

O Nadal vigués namorou a Antonio José, e os seus turróns tiveron tanto éxito que decidiu abrir a súa propia tenda en Vigo. Nela pódense atopar máis de 170 variedades de turróns.  

Os máis clásicos, pero tamén outros sorprendentes, como os de cervexa, albariño con queixo ou petazetas. Todos eles son elaborados de xeito artesanal e con produtos autóctonos de calidade. No Nadal, os que devecen polo arroz con leite poderán degustalo tamén en forma de turrón, pero haberá máis novidades.

Antonio José prepara un turrón de ostra e outro de chourizo crioulo. No verán, este artesán, surrealista e turroneiro, como se fai chamar, apostará polos xeados tamén elaborados de xeito tradicional. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade