Publicador de contidos
Publicador de contidos

Celébrase o Día Mundial do Turrón, un doce que cada ano chega antes

Celébrase o Día Mundial do Turrón, un doce que cada ano chega antes

Son moitos os que xa hai tempo que comezaron a mercar este doce típico do Nadal

Nunha tenda especializada de Vigo teñen 200 variedades

G24.gal 07/11/2024 19:55 Última actualización 07/11/2024 20:34

Coa calor destes días semella máis tempo de xeado que de turrón, pero o doce máis típico do Nadal xa leva un tempo nas tendas e tamén nos fogares galegos. 

Máis alá dos supermercados, hai tendas especializadas que estes días xa notan como aumenta a clientela. Nesta turronería de Vigo teñen unhas 200 variedades. 

Antonio José Vega, artesán turroneiro, explica que nos seus doces "todo é produto de aquí, como as abelás, o queixo de Arzúa ou o marmelo".

O 7 de novembro é o Día do Turrón, pero os máis larpeiros aínda teñen case dous meses por diante para gozar dos doces típicos do Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos