Cargando resultados...
Abre a primeira tenda especializada en turrón en Vigo
Abre a primeira tenda especializada en turrón en Vigo
Hai sabores máis tradicionais e tamén outros sorprendentes
G24.gal
08/11/2023 20:25
Última actualización 08/11/2023 20:33
O Nadal vigués namorou a Antonio José, e os seus turróns tiveron tanto éxito que decidiu abrir a súa propia tenda en Vigo. Nela pódense atopar máis de 170 variedades de turróns.
Os máis clásicos, pero tamén outros sorprendentes, como os de cervexa, albariño con queixo ou petazetas. Todos eles son elaborados de xeito artesanal e con produtos autóctonos de calidade. No Nadal, os que devecen polo arroz con leite poderán degustalo tamén en forma de turrón, pero haberá máis novidades.
Antonio José prepara un turrón de ostra e outro de chourizo crioulo. No verán, este artesán, surrealista e turroneiro, como se fai chamar, apostará polos xeados tamén elaborados de xeito tradicional.