Cargando resultados...
Turrón de chocolate con base de queixo azul
Turrón de chocolate con base de queixo azul
A restauradora Lucía Freitas ideou unha sobremesa que sorprende pola mestura de sabores
Fixéronse 2.500 unidades, que xa están á venda
G24.gal
17/12/2022 21:12
Última actualización 17/12/2022 21:36
Son apenas 160 gramos dun produto único, un turrón galego de queixo elaborado cunha receita ideada pola cociñeira con Estrela Michelín Lucía Freitas. A base ten orixe chantadesa.
O resultado desta mestura é un turrón que xa está no mercado, do que se elaboraron 2.500 unidades.
Proporciona unhas sensacións que teñen como base un queixo elaborado con moito mimo, de case un mes de maduración e que ten máis posibilidades das que parece. Dentro dun mes, xa nos adiantan, haberá novidades en forma de doce.