Celanova compite contra A Alberca na final do concurso Xuntos Brillamos Máis
Celanova compite contra A Alberca na final do concurso Xuntos Brillamos Máis
Pódese votar ata o 10 de decembro ás doce da noite
Celanova desborda ilusión. Son os finalistas do concurso Xuntos Brillamos Máis que organiza dende hai dez anos Ferrero Rocher. A Alberca, coa súa elegancia salmantina, enfróntase a unha Celanova que rebosa de auténtico sabor a tradición.
"Foi unha elección feita por Ferrero, elixiron 6 conceptos, un para cada lugar, pero hai un que, se me preguntas o que eu penso, Sabor, se ti pensas nun bombón pensas precisamente en sabor, ese foi o que lle tocou a Celanova, creo que por algo é, somos gañadores", di Antonio Puga, alcalde de Celanova
Que gañen ou non o certame dependerá do voto popular. O que si xa ninguén lles arrebata é a capacidade que tiveron para unir e facer partícipe toda a veciñanza. Así se reflicte no vídeo promocional que gravaron para apoiar a candidatura.
"Estase notando xa esa afluencia, con esa expectación de coñecer Celanova, que nós somos un corazón do destino, como dicimos sempre, e que aquí temos moitísimos recursos, moitas cousas que descubrir, e como a S de sabor que dicían, tamén de sentir e de sorprender", comenta Berta López, técnica de turismo.
A votación estará aberta ata as doce da noite do domingo. O luns 11 saberemos quen será o gañador.