Celanova quere brillar máis este Nadal
Celanova quere brillar máis este Nadal
É unha das dúas finalistas do concurso de iluminación dunha marca de chocolate
Compite coa Alberca de Salamanca na fase final ata o dez de decembro
En Celanova agardaban con impaciencia que se fixese público esta mañá o resultado da penúltima fase das votacións do concurso co que aspiran a iluminar a vila dun xeito especial este Nadal.
De entrada, para a candidatura resaltaron o seu patrimonio arquitectónico, o gastronómico e tamén a música e o seu gran legado literario. Pero para chegar ata aquí foi decisiva a gran campaña de petición de voto que fixeron desde que se abriu o concurso tirando do humor e das redes sociais.
Agora reforzarán o empeño para ser os máis votados nesta fase final. Confían na forza do seu "sabor", pero saben que non se pode dar nada por feito. O voto en liña pódese emitir desde hoxe mesmo ata o dez de decembro na web do concurso.