A policía blinda o Congreso polas mobilizacións convocadas durante a investidura
A policía blinda o Congreso polas mobilizacións convocadas durante a investidura
Grupos de manifestantes concentráronse fora do perímetro de seguridade do Congreso
Rúas cortadas nos arredores do Congreso e precintos na rede de sumidoiros para evitar que ninguén sen autorización se poida achegar ás portas da cámara baixa. Interior deseñou un dispositivo de seguridade sen precedentes nunha investidura.
En 2016, durante a investidura de Mariano Rajoy, contara ese dispositivo con 1.000 axentes. Para un partido de fútbol de alto risco, o habitual é que haxa arredor de 1.700 axentes.
Con todo fóra de perímetro marcado polas forzas de seguridade concentráronse grupos de manifestantes en contra da amnistía e dos acordos entre os socialistas e os grupos independentistas.
A sesión da mañá no Congreso desenvolveuse con normalidade, pero hai mobilizacións convocadas para os dous días da investidura.