Dous goles nos últimos minutos meten o Lugo na seguinte rolda da Copa

Antonetti (87') e Fuentes (92') anotaron os goles

O Lugo garante un rival de Primeira División e podería ser un dos que xoga a Supercopa

G24.gal 06/12/2023 21:00

O Lugo conseguiu superar o Mirandés con dous goles nos últimos minutos de partido. Antonetti no 87 e Fuentes no 92 meten o cadro lucense na terceira eliminatoria da Copa do Rei. Garante un rival da Primeira División e no caso de que ningún outro equipo de 1ª e 2ª RFEF non supere a eliminatoria enfrontaríase a un dos catro equipos que vai xogar a Supercopa (Real Madrid, Barcelona, Atlético poderían ser rivais). 

Foi nun partido igualado no que non se notou a diferenza de categoría. O Lugo gozou das súas oportunidades ao igual que o cadro visitante. O partido parecía encamiñado para ir á prórroga ata que apareceu o canteirán Antonetti para marcar á saída dun córner, un gol decisivo do boricua ao igual que na primeira rolda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos