Ingresan en prisión os dous presuntos xihadistas reincidentes detidos o luns en Madrid e en Melilla

Están acusados de delitos de enaltecemento do terrorismo e de adoutrinamento 

G24.gal 26/10/2023 20:18 Última actualización 26/10/2023 20:51

Esta xoves ingresaron en prisión dous presuntos xihadistas detidos o pasado luns en Madrid e en Melilla. O xuíz impútalles delitos de enaltecemento e adoutrinamento terrorista. Ambos eran reincidentes e xa cumpriran condena por feitos similares en 2014.

Ao saíren de prisión retomaron o contacto con persoas afíns á xihad, continuaron facendo propaganda de organizacións terroristas e adoutrinando mozos a través de Internet para a causa xihadista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade