Cargando resultados...
Melania Rodríguez, campioa do mundo en dobre minitramp
Melania Rodríguez, campioa do mundo en dobre minitramp
O dobre minitramp é unha disciplina que non é olímpica
G24.gal
13/11/2023 15:13
Última actualización 13/11/2023 15:17
A galega Melania Rodríguez conseguiu este sábado a medalla de ouro na proba de dobre minitramp, unha disciplina que non é olímpica, dos Mundiais de trampolín, que se disputan en Birmingham (Reino Unido).
A ximnasta de Ponteareas soubo resistir a presión dos seus rivais e acabou proclamándose campioa cunha puntuación de 26,3, polos 26.2 da estadounidense Aliah Raga e os 26.1 da tamén norteamericana Grace Harder.
Mentres tanto, o valisoletano David Franco logrou a medalla de prata na mesma proba, cunha puntuación de 29.3. Tan só foi superado polo estadounidense Rubén Padilla (30,6). Pechou o podio o portugués Tiago Sampaio Romao (23.6).