O Goberno ratifica a súa confianza en Álvaro García Ortiz como fiscal xeral do Estado

A continuidade de García Ortiz implica que previsiblemente ocupe o posto ata 2027

O fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz (EFE/Fernando Villar) O fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz (EFE/Fernando Villar)
G24.gal 28/11/2023 09:58 Última actualización 28/11/2023 13:20

O Consello de Ministros iniciou este martes o proceso para renovar o nomeamento de Álvaro García Ortiz como Fiscal Xeral do Estado.

Fontes do Executivo xa avanzaron a pasada semana que a ratificación de Álvaro García Ortiz se faría efectiva este martes e implicaría que permanecerá no posto ata 2027. Este martes deuse o primeiro paso porque segundo a voceira do Goberno, Pilar Alegría, ten unha "traxectoria impoluta e impecable" e destacou o seu compromiso cos valores democráticos e constitucionais.

"Ten a confianza do Goberno para continuar co seu labor", manifestou a voceira do Executivo, ao ser preguntada por este nomeamento na conferencia de prensa posterior á xuntanza do Consello de Ministros.

García Ortiz desempeña este cargo desde o ano pasado, cando substituíu a que fora ministra de Xustiza, Dolores Delgado, e de quen era a súa número dous.

O seu silencio ante o acordo do PSOE con Junts e a proposición de lei de amnistía enfadou a boa parte da carreira, que lle instou a apoiar os fiscais que traballaron nos procedementos da causa do 'procés'. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade