O Jumbo, o mellor equipo do mundo, repetirá no Gran Camiño

A presenza do equipo neerlandés únese á xa coñecida do Groupama-FDJ

G24.gal 27/11/2023 13:33 Última actualización 27/11/2023 13:38

O equipo neerlandés Team Jumbo Visma, gran dominador do ciclismo mundial, repetirá participación no Gran Camiño 2024, no que defenderá a camisola amarela tras a exhibición do danés Jonas Vingegaard o pasado ano.

A escuadra de Países Baixos, que a partir do 1 xaneiro pasará a denominarse Team Visma-Lease a Bike, regresará a Galicia despois de vivir un 2023 inesquecible ao asinar un histórico triplete coas vitorias de Primoz Roglic no Xiro de Italia, Jonas Vingegaard no Tour de Francia e Sepp Kuss na Volta a España.

O Jumbo mantén un bloque infestado de estrelas como Wout Van Aert, subcampión do mundo en 2023; Dylan Van Baarle, gañador de Paris-Roubaix e Circuíto de Flandes, Robert Gesink, Wilco Kelderman, Tiesj Benoot, Steven Kruijswijk ou os citados Sepp Kuss e Jonas Vingegaard, entre outros.

A presenza do equipo neerlandés únese á xa coñecida do Groupama-FDJ, en que militan algúns dos ciclistas franceses de maior potencial como David Gaudu ou Arnaud Démare.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar