Pechan o acceso ao Fuciño do Porco tras ceder o terreo dunha pasarela

Adoptouse esta medida, que xa advirte da situación desde o aparcadoiro, para evitar riscos

O temporal dos últimos días pode estar detrás deste derrubamento

G24.gal 10/11/2023 13:56

Unha cinta ao principio do camiño impide acceder ao Fuciño do Porco porque un pouco máis adiante cedeu o terreo dunha pasarela de grava e area. Aquí comeza o paseo de escaleiras e camiños deste lugar, que visto desde o mar lembra a faciana do cocho. A chuvia dos últimos días, xunto co vento forte, están detrás desta situación.

O acceso está cortado xa desde o aparcadoiro. A pesar diso, continúan achegándose visitantes ata o lugar.

Xa o inverno pasado houbo que cortar o sendeiro do Fuciño do Porco, daquela por desprendementos que facían inseguro achegarse á punta.

Sobre o lugar está previsto un novo proxecto que levará a cabo a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, e que suporá unha mellora respecto ao actual acceso, porque levará apoios sobre terreo firme.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade