Seis detidos nunha operación antidroga no Baixo Miño
Seis detidos nunha operación antidroga no Baixo Miño
Seis detidos e comisados varios centos de plantas de marihuana e dous quilos de cocaína
Permanece aberta, á espera de novas detencións, a operación conxunta da Garda Civil e a Policía Nacional contra o tráfico de drogas no Baixo Miño. Fontes policiais confirman a detención de seis persoas, a meirande parte en Tomiño, onde o pasado sábado atoparon unha plantación con centos de exemplares de marihuana e se incautaron tamén de dous quilos de cocaína.
A maior parte dos arrestos producíronse en Tomiño, aínda que a Garda Civil tamén practicou rexistros en Salceda, Tui e A Cañiza, polo que non se desbota que algúns dos detidos foran residentes destas localidades.
O Xulgado de Instrución numero 3 de Tui asumiu esta operación, que permanece aberta e baixo segredo de sumario. Polo momento non se sabe se o detidos forman parte dunha organización maior ou se esta operación está relacionada co tráfico de drogas aos dous lados da fronteira con Portugal.