Situación límite para o Team Farto, o equipo profesional feminino de ciclismo

Necesita, antes de cinco días, douscentos mil euros para inscribirse e correr

Team Farto
G24.gal 27/10/2023 12:56 Última actualización 27/10/2023 13:01

Situación límite para o Team Farto, o equipo profesional feminino de ciclismo. Ten ata o martes para presentar a documentación que esixe a UCI. Cambiaron as normas e son máis esixentes.  Que significa isto? Que o Team Farto necesita douscentos mil euros para inscribirse e correr o calendario internacional, a Volta a España e o resto de carreiras.

Brais Dacal, manager do equipo: "Fáltannos 200.000 euros para poder correr como profesionais".

"A día de hoxe non temos sinatura, somos realistas, sería unha mágoa para Galicia".

Quedan cinco días e está difícil. O Team Farto leva tres anos no ámbito profesional formando corredoras e dándolle visibilidade ao deporte feminino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar