Idiakez quere un bo resultado en Tarazona que sirva de "base para atopar a regularidade"
Agarda contar a próxima semana con Mella e Yeremay
O Tarazona-Deportivo supón unha reválida para o equipo branquiazul, que debe despexar dunha vez por todas as dúbidas que aínda sobrevoan tras a trompada de Irún. Deu un primeiro paso ante a S. D. Logroñés, pero de nada servirá se non ten continuidade este sábado ante un dos rivais da zona baixa.
Imanol Idiakez: "A reacción foi boa e temos a oportunidade de facer un bo partido a nivel de competir e deixalo en accidente para atopar a regularidade no comportamento".
Preocupan a Idiakez as dimensións do campo.
"Afecta, porque as decisións tomámolas en función dun contexto, o rival que está en fronte…"
Sobre as recuperacións de Mella e Yeremay dixo que "están traballando moito cos fisios, os doutores… Van mellorando, temos algunha esperanza para a semana que vén, pero non o quero dicir moi alto".