Cargando resultados...
Imanol Idiakez: "Os puntos agora mesmo non son determinantes"
Pide paciencia con Yeremay e prefire esperar a mañá para ver se pode contar con el
Foto @RCDeportivo
G24.gal
24/11/2023 15:48
Última actualización 24/11/2023 16:00
O Deportivo recibe o domingo en Riazor au n Osasuna B que só está un punto por debaixo dos homes de Idiakez.
O técnico deportivista agarda contar con Paris e Valcarce. Non o ten tan claro con Yeremay.
"Imos ver como está. Quero falar co mozo e imos avaliar como está. É a primeira semana que hai opcións de estar. Se non é esta semana, será a seguinte".
Sobre a baixa puntuación do Deportivo, non quixo darlle importancia.
"Estamos a tempo de todo. Os puntos agora mesmo non son determinantes".
"Importa que o equipo compita regularmente. A nivel de puntos estamos a tempo de recuperar calquera desvantaxe".
Idiakez agarda contar con David Mella semana que vén.