Mihailo Ristic progresa na recuperación e traballa con normalidade co grupo
Benítez espera contar con el no importante encontro de Liga contra o Valencia
O lateral esquerdo serbio Mihailo Ristic deu un novo paso na súa recuperación ao completar co grupo os adestramentos que o plantel do Celta de Vigo realizou na cidade deportiva Afouteza.
O futbolista balcánico, fichado este verán do Benfica, perdeuse o últimos catro partidos ligas - Atlético de Madrid, Xirona, Sevilla e Athletic- por mor da escordadura de xeonllo que sufriu a principios de outubro, ademais da eliminatoria de Copa do Rei ante o Turégano.
Nunha nova sesión sen os seis internacionais que viaxaron coas súas respectivas seleccións, Ristic traballou con normalidade ás ordes de Rafa Benítez, quen espera contar con el no importante encontro de Liga contra o Valencia.