Cargando resultados...
O Celta conxúrase para saír do descenso en Mestalla (sábado, 16:15)
Os de Benítez encadean nove xornadas sen gañar e agardan que, dunha vez por todas, troque a sorte
No caso de gañar superarían o Mallorca, que xoga no último partido do sábado diante do Atlético
G24.gal
24/11/2023 20:53
Despois dunha semana de descanso o Celta retoma a súa misión de engancharse á liga, saír da frustración e poder mirar a taboa clasificatoria. O Celta é penúltimo e Benítez da a entender que o equipo ten que saber manexarse nesa situación.
Benítez confía en que o gol de Iago en Bilbao empece unha boa racha. E iso que a súa preocupación ó chegar a Vigo eran os goles en contra. Benítez, que empezou a gañar títulos en Valencia, ve como o seu pupilo Baraja triunfa con xogadores novos.