Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ángel de la Fuente, presidente de FEDEA: "Prefiriría unha suba do salario mínimo un pouco menor"

Ángel de la Fuente, presidente de FEDEA: "Prefiriría unha suba do salario mínimo un pouco menor"

"A xente que paga o salario mínimo adoitan ser pequenos empresarios ou autónomos e esa suba para eles supón un custo importante", di o responsable da Fundación de Estudos de Economía Aplicada

G24.gal 14/02/2023 09:41 Última actualización 14/02/2023 10:28

A Fundación de Estudos de Economía Aplicada, FEDEA, cre que sería mellor que o salario mínimo subise menos.

presidente desta fundación, Ángel de la Fuente, dixo que esa suba pode provocar que se cree menos emprego, especialmente para a xente con menos formación. Así o asegurou este martes nunha entrevista no Galicia por diante, da Radio Galega.

"É lóxico que se tente manter o poder adquisitivo dos salarios máis baixos. Por outro lado, nos últimos anos, en poucos anos, subiu moitísimo, un corenta e pico ou un cincuenta por cento, e iso pode ter consecuencias sobre a creación de emprego, especialmente entre a xente menos cualificada e con menos experiencia laboral, así que hai que valorar ben os atrancos e os beneficios", asegura de la Fuente.

"A xente que paga o salario mínimo adoita ser pequenos empresarios ou autónomos que moitas veces tampouco están moi ben, así que esa suba para eles supón un custo importante e hai que valorar todos os efectos. Eu prefiriría unha suba un pouco menor", afirma o presidente de FEDEA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade