Publicador de contidos
Publicador de contidos

Óscar Gilsanz só pensa en Cartaxena: "Estou a disposición do que o club decida"

Óscar Gilsanz só pensa en Cartaxena: "Estou a disposición do que o club decida"

Tamén falou da súa relación con Imanol Idiakez, do que se despediu de "maneira cordial"

G24.gal 31/10/2024 13:50 Última actualización 31/10/2024 14:31

Óscar Gilsanz sentará no banco fronte ao Cartaxena. O club optou polo técnico do Fabril para facerse cargo do Deportivo no primeiro encontro tras a destitución de Imanol Idiakez.

O míster asumiu os adestramentos do primeiro equipo desde o mércores e a el corresponde analizar a situación dun equipo que afrontará a cita con numerosas baixas. Nuke Mfulu e José Ángel seguen á marxe, mentres que Jaime Sánchez empezou a exercitarse co grupo.

"Atopeime a un equipo con moitas ganas e ilusión".

"Que ninguén dubide de que o partido vai estar perfectamente preparado e que o equipo vai competir ben en Cartaxena. Con 51 anos, os soños contrólanse. Pero o que o club necesite e decida, estou á súa disposición".

O betanceiro só pensa neste encontro, sen afrontar o futuro.

"Estou a disposición do que o club decida. O obxectivo está no partido do sábado"

Tamén falou da súa relación con Imanol Idiakez.

"Con Imanol teño unha boa relación e despedímonos de maneira cordial".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar