A exposición da Estampa Galega secuestrada polo franquismo ábrese en Tui 56 anos despois
A exposición da Estampa Galega secuestrada polo franquismo ábrese en Tui 56 anos despois
A Estampa Popular Galega, un movemento ideado por Reimundo Patiño e Xavier Pousa, reunía gravados de 20 artistas cunha clara intención crítica social e política
A mostra reunía obras de veteranos republicanos como Manuel Torres, gravadores da posguerra e figuras como Laxeiro ou Colmeiro
A última obra do colectivo é o cartel do concerto de Voces Ceibes do 1 de decembro do 68 en Santiago
Despois de 56 anos, a exposición de Estampa Popular Galega, secuestrada pola ditadura franquista en Tui en 1968, inaugúrase como mostra da memoria dunha resistencia e tamén de recoñecemento a un movemento artístico.
Naquel mes de setembro foron detidos os organizadores e confiscadas as obras. O pintor Xavier Pousa, que pasou tres días arrestado en Pontevedra, agochou nun alpendre da súa casa os gravados que, por fin, se expoñen coas feridas e cicatrices dun tempo de silencio.