Publicador de contidos
Publicador de contidos

A galega Pilar Cagiao ingresa na Academia Cubana de Historia

A galega Pilar Cagiao ingresa na Academia Cubana de Historia

A historiadora da USC foi investida como académica correspondente no estranxeiro

Ten unha longa traxectoria como investigadora das relacións entre Galicia e América

G24.gal 10/05/2023 18:04 Última actualización 11/05/2023 08:48

Pilar Cagiao Vila é a primeira galega á que se lle concede este recoñecemento da historiografía cubana, pola súa longa traxectoria nos estudos migratorios e na investigación das relacións entre as dúas beiras do Atlántico.

Cagiao é profesora de Historia de América na USC e coordinadora do grupo de investigación Histamérica. Autora de moitas publicacións sobre migracións e sobre as relacións diplomáticas e culturais entre España e América, foi tamén directora do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega. 

O Diario cultural da Radio Galega conversou coa profesora Cagiao horas despois da súa investidura como académica correspondente na Habana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade