Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os turistas españois que viviron o tremor: "A peor noite das nosas vidas"

Os turistas españois que viviron o tremor: "A peor noite das nosas vidas"

Emoción nos aeroportos tras o regreso de turistas españois procedentes de Marrakech

G24.gal 10/09/2023 21:13 Última actualización 10/09/2023 21:47

É a emoción de chegar á casa e sentirse a salvo despois dunha experiencia traumática. 

"Xusto onde estabamos caeron os edificios enteiros. Por cinco minutos chegamos ao 'riad' e estamos vivos".

Describen o caos que se viviu en Marrakech e como todo se derrubaba ao seu redor.

 "Todo ía caendo (...). Caeron bastantes casas ao noso redor e morreron varias persoas".

Unha experiencia que cualifican como a peor noite das súas vidas. 

"Pánico total. Abrimos a porta e todo estaba cheo de po das cousas que caeran e de ladrillos no chan. Foi a peor noite das nosas vida, diría eu".

Entre os que regresaron hoxe tamén había cidadáns marroquís residentes en España, que reclaman unha actuación rápida para reconstruír as zonas afectadas.

 "A ver se o Goberno actúa e se as axudas son rápidas".

Os que volven non só contan a súa experiencia, tamén lembran os milleiros de falecidos e aqueles que o perderon todo.

"Aquilo é un caos, nós somos uns privilexiados, porque estamos aquí, pero hai xente que o perdeu todo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade