Amandine Beyer: "O violín naceu para facer bailar a xente"
A. Beyer é un referente na interpretación do Barroco. Co seu grupo Gli Incogniti e como solista, publicou máis de trinta discos
A violinista, artista en residencia, dirixe a Real Filharmonía de Galicia en varios concertos da temporada 'Inconformistas'
O xoves, en Santiago, e o venres, en Lugo, dirixirá dous concertos con o obras de M. von Martínez, M. Lombardini e F. Xaver Richter
"O meu folclore é a música barroca porque me reconecta coas miñas raíces francesas". A frase é da violista Amandine Beyer, todo un referente da música barroca que estes dirixe a Real Filharmonía de Galicia e dous novos concertos da temporada Incorfomistas.
A música que se escoitaba no palacio do Rei Sol centra tamén o repertorio da agrupación que ela fundou, Gli Incogniti, que para a semana que vén ten tamén concertos en Bruxelas.