Ana Fontenla e Celina Fdez: "O teatro amador, vai pasos por diante do profesional pola falta de medo e o altruísmo"
Ana Fontenla e Celina Fdez: "O teatro amador, vai pasos por diante do profesional pola falta de medo e o altruísmo"
'Fábrica de fume' é unha coprodución do CDG-Federación Galega de Teatro Afeccionado dentro do programa europeo Phone
A peza afonda no concepto de arte e industria, explorando as temáticas que xorden ao centrar a atención nas persoas que traballan no ámbito fabril
'Fábrica de fume', este domingo no Salón Teatro do CDG en sesión matinal e gratuíta
“Así te afundas coa túa vaixela de Sargadelos!”, esta frase, que dá boa conta da identificación dos galegos con esta marca cerámica, icona da nosa cultura, foi o punto de partida de 'Fábrica de fume', unha peza de teatro colaborativo que ten como punto de partida a historia da factoría de Sargadelos.
A peza explora as experiencias de extraballadores do complexo de Cervo e tamén dos actores non profesionais que participan na montaxe.