Cargando resultados...
Antía Iglesias: "As propias plantas crean arte"
Antía Iglesias: "As propias plantas crean arte"
'Un bosque de malas herbas' converte en mostra a tese doutoral interdisciplinar de Antía Iglesias na Casa Galega da Cultura en Vigo
A artista mesturou as belas artes coa enxeñería forestal e mais a química
Investigou o residuo vexetal de especies exóticas e explorou diversas formas de crear elementos artísticos
G24.gal
20/09/2024 15:07
Última actualización 20/09/2024 16:19
Falamos de arte e ciencia. Antía Iglesias fixo un doutorado en creatividade, innovación social e sostibilidade. A artista publicou unha tese, titulada Ecosistemas gráficos, unha investigación científico-artística sobre o devir do residuo vexetal de especies exóticas. Pois agora esa investigación transformouse nunha mostra, que se exhibe en Vigo. Con ela entramos noutra perspectiva sobre a natureza.