Cargando resultados...
Artur Trillo: "Os pais temos unha consideración de nós mesmos máis nobre ca a realidade"
Talía Teatro trae a Galicia un clásico contemporáneo do teatro: Un Deus salvaxe
A obra foi escrita pola dramaturga francesa Yasmina Reza e levada ao cine por Roman Polanski
O elenco está composto por María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais, baixo a dirección de Artur Trillo
Artur Trillo, director teatral
G24.gal
06/04/2025 11:30
Última actualización 03/04/2025 17:00
A pelexa de dous nenos nun parque leva dous matrimonios a reunírense para falar civilizadamente da conduta dos seus fillos. O que empeza como unha conversa tranquila remata nun caos violento. Un Deus salvaxe é a nova obra de Talía Teatro. Nace dun éxito da dramaturga francesa Yasmina Reza que se publicou no 2007, estreouse en París no 2008 e despois Roman Polanski levou ao cine no 2011. Neste 25, Talía tráeo a Galicia e ao galego.