'Cinema a pedal', certame no que cómpre pedalear para ver a película, chega a Nigrán
'Cinema a pedal', certame no que cómpre pedalear para ver a película, chega a Nigrán
Haberá catro pases de películas relacionadas co mundo da bicicleta
É a primeira edición dun festival innovador que integra cine, deporte e medio natural aquí na Praia América de Nigrán, baixo o lema "A túa enerxía alimenta o cinema", unha idea importada desde O Uruguai.
Os asistentes teñen á súa disposición 15 bicicletas en que pedalear para xerar a enerxía necesaria para o equipo de proxección.
Catro pases entre hoxe e mañá, sábado, ás nove menos cuarto e ás once menos cuarto, de catro películas distintas, todas sobre o mundo da bicicleta, que se poden ver en familia para seguir desfrutando do verán ao aire libre.
A oferta complétase con actividades para toda a familia, concertos, postos de comida e un ecomercado canda un punto de recollida de bicicletas usadas a favor da organización lalinense Bicicletas Solidarias.