Como ensinarlles galego ás máquinas
Como ensinarlles galego ás máquinas
O proxecto falAI busca desenvolver asistentes virtuais en galego
Requírirase a colaboración cidadá para recoller voces na nosa lingua
O proxecto falAI está recollendo voces en galego para xerar ferramentas de interacción dixital na nosa lingua.
Trátase de que o maior número posible de persoas lean trinta frases a través da plataforma falai.balidea.com, para contribuíren a que os sistemas de recoñecemento por voz comprendan o noso idioma.
O centro de investigación atlanTTic e a empresa Balidea colaboran nesta iniciativa, creada no marco do proxecto europeo pola igualdade lingüística ELE.
Laura Docío Fernández, investigadora principal do proxecto na Uvigo, e Mari Carmen López, responsable da área de I+D+i de Balidea explicaron o proxecto no Diario cultural da Radio Galega.