Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristina Pena, Nadie González e Hugo Guezeta, no comentario musical de Marta Gómez

Cristina Pena, Nadie González e Hugo Guezeta, no comentario musical de Marta Gómez

A guitarrista Cristina Pena publica no Día das Letras o seu tema 'Estimada ánima'

A rapeira Nadie González, unha das artistas do Festival Polas Bravas en Chantada

Hugo Guezeta anuncia álbum en solitario tras Son da Rúa

G24.gal 21/05/2024 14:47 Última actualización 21/05/2024 16:44

Cristina Pena é unha das guitarristas con maior proxección e mellor técnica dentro dos estilos math rock e post harcore. Música de sesión e de directos de artistas como Alba Reche ou Gato Ventura, publica coincidindo co Día das Letras un tema en galego 'Estimada ánima'.

Nesta segunda edición de Polas Bravas seguen apostando pola músicas locais e artistas en diferetnes disciplinas como poesía, novo circo ou teatro. A rapeira Nadie González presentará o seu disco 'Noctiluca scintallis' xunto con outras artistas como Caamaño & Ameixeiras ou Mounqup.

Hugo Guezeta anuncia disco en solitario cun tema 'O tempo é noso' luminoso e con ritmos máis frescos e bailables. Nas bases colabora Peter Petrowski. Son da Rúa anunciaron a súa disolución en 2023, pero Hugo sempre mantivo os seus proxectos persoais activos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade