Publicador de contidos
Publicador de contidos

CullerChef, ou como aprender a cociñar desde a infancia con produtos de proximidade

CullerChef, ou como aprender a cociñar desde a infancia con produtos de proximidade

Teñen entre 6 e 12 anos e algúns é primeira vez que experimentan cazoleando

G24.gal 23/04/2024 21:17 Última actualización 23/04/2024 21:36

Son cociñeiras e cociñeiros por un día. Desta volta, de prato principal toca preparar unha hamburguesa de peixe. Descobren tamén as posibles alternativas que sempre hai na cociña para elaborar unha mesma receita.

"Esta é de xarda ou algo así, pero díxome que se podía facer de robaliza, sardiña, pescada, bacallau e todos os peixes que se poidan desmiuzar", explica un dos nenos participantes.

"Do que se trata é de que comprendan como chega ao seu prato o que comen día a día e de que coñezan outras cousas que igual non están tan acostumados a comer", apunta Iago Nieto, monitor de CullerChef.

Teñen entre 6 e 12 anos. Algúns é primeira vez que experimentan cazoleando. A estas alturas teñen claro o que lles gusta e o que non.

Máis entusiasmo esperta a sobremesa: tortas de avea e plátano. Máis aló dos gustos de cadaquén, o programa CullerChef incide na importancia dunha alimentación saudable desde a infancia.

"Nós queremos aquí tamén na contorna que saiban onde están as tendas, cales son os comercios onde teñen que comprar e que tipo de alimentos teñen que mercar", sinala Penélope López, concelleira de Cultura de Culleredo. 

Poñendo en valor unha alimentación baseada no produto galego de proximidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade