Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Do mar vívese': campaña da Xunta para informar os turistas de que non poden apañar o marisco das praias

'Do mar vívese': campaña da Xunta para informar os turistas de que non poden apañar o marisco das praias

4.000 familias viven do marisqueo en Galicia

Cada verán baixan os seus ingresos polo "furtivismo de traxe de baño"

G24.gal 15/08/2022 17:58

Os areais cheos este verán fan que volva con forza o "furtivismo de bañador". Agora, a nova campaña da Xunta de Galicia 'Do mar vívese' quere facerlles ver aos turistas que o marisco das praias non se pode apañar. 

Durante o verán, as case 4.000 familias que viven do marisqueo en Galicia obteñen un terzo dos seus ingresos anuais. Uns beneficios que se minguan cada ano debido ao "furtivismo de traxe de baño". A Xunta puxo en marcha a campaña 'Do mar vívese' para informar e concienciar deste problema.

As mariscadores de a pé levan anos advertindo aos turistas de que o marisco que buscan na praia ten dono que o sementa e o coida día a día.

Ademais das consecuencias legais apañar marisco na praia atenta contra a saúde pública, xa que pode non ser apto para o consumo. Polo tanto, da praia o único que podemos e debemos levar para casa é o noso propio lixo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade