Emilio Fonseca: "Os novos mitos sobre o lobo teñen que ver co negacionismo científico"
Nun tempo de catástrofe ecolóxica, este ensaio fílmico interroga os límites entre o doméstico e o indómito, entre o puro e o híbrido
'Salvaxe, salvaxe' busca resignificar as imaxes de natureza e cuestionar a relación entre humanos e non humanos
O filme gañou Premio de Mellor Documental no Festival de Málaga, o de Mellor Documetal no Play-Doc e Mellor Dirección no festival de Ourense
Ser unha criatura salvaxe nos montes galegos e portugueses onde xa non existe o prístino, onde a pegada humana esta inscrita en toda partes, nunha rexión modelada polos incendios e o extractravismo.... é case imposible. A reflexión aparece no documental 'Salvaxe, salvaxe' que chega ás salas de cine este venres 21 despois de gañar premios en festivais como o de Málaga, o Play Dock ou no Festival de Ourense.