Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hilario Rodeiro: "'Pausa' vai deses momentos onde se detén o tempo e ves como che pode cambiar a vida"

Hilario Rodeiro: "'Pausa' vai deses momentos onde se detén o tempo e ves como che pode cambiar a vida"

O baterista de jazz Hilario Rodeiro regresa a Santiago para promocionar o seu último disco, 'Pausa'

O disco está inspirado no jazz dos 60 e do norte de Europa con moita presenza da improvisación libre

Mais aló do jazz, Rodeiro explora e compón música incidental e electrónica, onde emprega o alias de Anosmic

G24.gal 24/03/2025 14:51 Última actualización 24/03/2025 17:12

As pausas aportan calma e outorgan á música unha expresión contemplativa. Por iso son parte importante e evidente no traballo do batería e compositor de jazz Hilario Rodeiro.

O seu último disco chámase precisamente 'Pausa', e nel está acompañado dun quintento onde se mesturan novas xeracións do jazz con veteranos deste xénero musical.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade