Cargando resultados...
Iria Sobrado: "'Reconversión' emana tenrura nun espectáculo cheo de ritmo e celebración"
'Reconversión' é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que interpretan a banda sonora en directo
O texto de Santiago Cortegoso baséase na memoria do seu pai, traballador en Ascón durante trinta anos
As vindeiras representacións: Moaña (15 de febreiro), Carballo (21 de febreiro) e Vilagarcía (22 de febreiro)
G24.gal
11/02/2025 15:33
Última actualización 11/02/2025 16:35
Volvemos, dalgún xeito, ao Vigo dos anos 80. Á época do 'felipismo', aos anos da reconversión. Un exercicio de memoria histórica escrito pora Santiago Cortegoso, publicado por Positivas, e que leva a escena Ibuprofeno Teatro.
Iria Sobrado viu esta montaxe e quere falarnos dela.