Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Liquidación de existencias', teatro para persoas con discapacidade visual

'Liquidación de existencias', teatro para persoas con discapacidade visual

A obra defende o valor do teatro sobre o poder das bombas

G24.gal 18/11/2022 14:36

Todos os intérpretes de 'Liquidación de existencias' son invidentes ou con resto de visión inferior ao 10 por cento e todos eles recollen testemuños reais de cidadáns ucraínos cos que pretenden que o público viaxe ao terror do seu país. 

"A obra xorde oito meses despois do bombardeo no teatro de Mariupol, en Ucraína", explica Pedro Rubín, o director do Teatro Valacar da ONCE.

"Que non deixen que as bombas silencien as palabras, a arte, o teatro...", di Ana Docampo, unha das actrices da obra.

A última das funcións será este sábado na central da ONCE, na Coruña, contra as oito e media da tarde, e son accesibles tamén a través dun sistema de audiodescrición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade