Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mar Caldas: "En 'Cabodano', as mulleres da familia son as grandes vítimas da violencia fascista"

Mar Caldas: "En 'Cabodano', as mulleres da familia son as grandes vítimas da violencia fascista"

A intervención '12 de maio. 86 cabodano' rememora o fusilamento do avó da artista, o 12 de maio de 1937

Coas fotografías de Pacheco e as do álbum familiar, Caldas entrecruza a historia familiar e a historia colectiva

Mar Caldas fai memoria e lembra o seu avó fusilado polos fascistas o 12 de maio de 1937
G24.gal 29/05/2023 15:35 Última actualización 29/05/2023 17:24

As fotografias do Arquivo Pacheco e as do álbum familiar da artista Mar Caldas trazan o relato dunha morte, do fusilamento do seu avó. Cunha mirada minuciosa, asombrada, feminista, e diante dunha foto de famila en tamaño real, a artista presentou a intervención 12 maio. 86 cabodano na rúa Privada de Vigo. O lugar onde viviu a súa familia materna entre os anos 50 e os 70.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar