Cargando resultados...
Marta Villar: "O apoderamento da muller rural veu moitas veces polas cooperativas téxtiles"
Marta Villar: "O apoderamento da muller rural veu moitas veces polas cooperativas téxtiles"
Marta Villar gañou o premio Xerais de novela con Detective Ferruchi
A novela aborda a investigación dun crime que fai unha libreira retornada á súa vila
O fío condutor da investigación, permítelle á autora abordar outros temas sociais
G24.gal
28/11/2024 11:30
Última actualización 28/11/2024 16:30
Un asasinato e a investigación dunha libreira, paralela á oficial, son o fío condutor da novela Detective Ferruchi que gañou este ano o premio Xerais.
Desde ese fío, Marta Villar fálanos de asuntos como as consecuencias nos fillos da emigración dos pais, ou o traballo arreo das mulleres nos talleres de costura. A detective protagonista desta novela é unha muller que regresa á súa vila natal e convértese na improvisada investigadora do cruel crime dun veterinario.