Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Matria", "Sica" e "Samsara", filmes con selo galego no festival de Berlín

"Matria", "Sica" e "Samsara", filmes con selo galego no festival de Berlín

Matria, de Álvaro Gago, estreouse en Berlinale Panorama

O domingo estréase Sica, da directora catalá Carla Subirana

Equipo de "Matria" no photocall do Festival Internacional de Cinema de Berlín
G24.gal 18/02/2023 14:55 Última actualización 18/02/2023 20:19

A ópera prima de Álvaro Gago, Matria, estreouse onte á noite no Festival Internacional de Cinema de Berlín, dentro da sección Panorama. É a primeira das tres películas con selo galego que se poderán ver neste certame. Mañá é o día de Sica, de Carla Subirana, e o luns Samsara, de Lois Patiño.

Despois da premiere, esta tarde Matria proxéctase de novo en Berlín, e Ramona, a protagonista, volve ao día a día na conserveira, na batea, e na familia, no corpo de María Vázquez, que se somerxeu na vida das mulleres do Salnés.

"O importante non somos nós senón as historias que contamos. Entón estar con esa xente real que está vivindo esas historias, pon o foco onde ten que estar. O cine é referente para moita xente que necesita estas visións, que necesitan que se visibilicen certas mulleres, con certos traballos en certos lugares".

Matria é a historia dun territorio e a vida dunha muller real, Francisca, á que Álvaro Gago lle dá o valor que outros lle negaron.

"Non vos quero aleccionar, quero presentarvos algo que está aí, que é real e que basicamente máis ca contar quero facer preguntas. E eu inclúome dentro desa audiencia, que imos facer?".

Tamén do mar, pero do da Costa da Morte, emerxe outra das historias galegas desta edición da Berlinale que se proxecta mañá.

Sica, é a primeira longametraxe de ficción de Carla Subirana, que busca nas furnas a voz de seu pai náufrago.

E a terceira estrea galega en Berlín poderá verse o luns. Lois Patiño lévanos desta volta aos templos de Laos con Samsara, o ciclo budista de morte e reencarnación. Farao dentro da sección de novas visións cinematográficas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade